Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 7 de enero de 2018

"Liga da Costa" resultados e clasificacións:


       Tropezo da SCD Malpica en "Xaviña" ante unhas correosa e intensiva UD Cerqueda.
           Cun gol de Aptu no min. 79, cunha volea dende fora da área, á UD Cerqueda tumba aos postos de descenso á SCD Malpica, nun partido clásico de rivalidade local que parecía designado a empate a cero, disputado con escaso fútbol e de oportunidades ante os porteiros, só cabe reseñar por parte da UD Cerqueda, unha de Iván Mato na primeira parte, o cal diante do porteiro malpicán Anxo, errou o tiro, ainda que o futbolista local reclamou penalti. 
            Por parte malpicán, Vituco, na segunda parte tivo ante Diego, a única de todo o partido, tras unha xogada por banda dereita de Ures cun medido centro ao puntos de penalti, pero o remate do dianteiro visitante foi desviado a saque de curruncho por parte do meta local. 
             Pouco mais dou de si este encontro que só será lembrado pola loita constante empregada polos futbolistas da UD Cerqueda, pero que un tiro imprevisto de volea en xogada sen aparente perigo, propiciou a vitoria dos de Cerqueda o cal se escapa momentaneamente dos postos baixos da táboa e deixa aos de Malpica nunha zona comprometida.
Estes foron os reultados da xornada e así queda a clasificación ao término da primeira volta do campionato: 

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!