Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

domingo, 30 de abril de 2017

Resultados e clasificacións da "Liga da Costa", logo de desputarse a xornada 32. 
Parabéns ao CD Baio, polo cuarto título de liga que consigue, (2º de Segunda Autonómica) os outros dous corresponden a antiga 1ª Rexional; ten ademais un campionato da "Copa da Costa".

 En canto ao campionato de 1ª Infantil (zoa da Costa), este domingo celebrouse a última xornada, logrando brillantemente o UC Cee, o título de campión. Parabéns igualmente para este clube. O vindeiro fin de semana días 6 e 7 da Maio, comeza a copa cos oitavos de final.
Nesta categoría de infantís, falta por disputarse o partido Corme-Fisterra, o cal, ao non ter efectos clasificatorios de ascensos ou descensos, problamente non se xogará. 

A SCD Malpica, que, tras doce tempadas sen participar nesta categoría conseguiu unha moi meritoria oitava praza, logrando o seu dianteiro Raúl, clasificarse e segundo lugar na táboa dos goleadores con 53 tantos. Kevin, do Xallas CF, marcou 59 goles (4 de penalti).
A continuación publícanse as táboas de resultados e clasificacións, así como a foto coa plantilla do equipo de infantís da SCd Malpica: