Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

martes, 3 de junio de 2014

Noticias da SCD Malpica:



= ADEUS A DAVID BAÑA =


O notable adestrador da SCD Malpica, David Baña Ramírez, (David Baña) cesará no conxunto malpicán ao final da presente campaña, así llo informou a Xunta Directiva en reunión amigable mantida cos responsables do clube en días pasados.  

David Baña, tamén o puxo en coñecemento do autor deste Blogue, para que saia divulgado a través das redes sociais, e por se hai algún clube interesado en contratar os seus servizos para tempadas vindeiras, o adestrador atópase aberto a recibir ofertas.

David Baña, chegou a SCD Malpica, a mediados da tempada 2011 / 12, (26-11-11) en substitución de Manuel Agílda, co equipo na parte baixa da táboa, dende a súa chegada foi escalando peldaños ata conseguir un meritorio 5º posto, que lle dou a opción de disputar a promoción de ascenso a Primeira Autonómica (tras renuncia do CF Corme 3º clasificado). A promoción, disputárona os equipos do Lamela CF, SD Brión e SCD Malpica, ascendendo posteriormente o Lamela CF e os malpicáns, tras cambio do Club do Mar de Caión ao grupo 1º.
Na tempada  2012 / 13, na Primeira Autonómica, logrou clasificar á SCD Malpica, nun honroso 7º posto, con 48 puntos, resultado de: 13 partidos gañados, 9 empatados e 12 perdidos, con 56 goles a favor e 54 en contra. Logrando ademais o subcampionato da “copa da costa” ante o Xallas da S. Comba (0-1).
Igualmente na Primeira Autonómica, na  2013 / 14, a SCD Malpica, quedou nun sobresaínte 4º posto, loitando ata o penúltimo partido polo subcampionato, sumou 65 puntos, gañou 18 partidos, empatou 11 e perdeu 5, (record de partidos perdidos nunha tempada ao longo da historia pola SCD Malpica) marcou 62 goles e tan só encaixou 36.
Con anterioridade David Baña, adestrou aos equipos base do Oseiro, Atl. Arteixo, Victoria xuvenil na Liga Galega e SD Sofán, 2ª Autonómica.

A Directiva da SCD Malpica, agradécelle os servizos prestados ao longo destas dúas tempadas e media, ao mesmo tempo que lle desexa os éxitos que como adestrador e persoa se merece, agradecemento que se fai extensivo por parte do autor deste Blogue.
Non obstante, ambos (Directiva, Adestrador e Autor do Blogue), desexamos que antes de irse, consiga clasificar ao equipo para segunda final consecutiva da “COPA DA COSTA”.
 








                            Moita sorte Baña.-



AGORA E SEMPE COA SCD MALPICA!