Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 18 de enero de 2020

Resultados e clasificacións Xuvenís, Veteranos e Afeccionados da SCD Malpica:


   Xa, sen á SCD Malpica en competición da Primeira Autonómica xuvenil Grupo 2º da "costa", por RETIRADA, este sábado celebrouse á décimo sexta xornada, primeira da segunda volta, os marcadores e clasificación da mesma son os que se sinalan a continuación na táboa que se mostra ao efecto:

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

VETERANOS:

Á Asociación de Veteranos da SCD Malpica, acada un empate na "Pedra Queimada" ante un Deportivo Carballo, escaso de efectivos pero moi peleón.
Os malpicáns, que lograron remontar un tanteo en contra acadado polos visitantes no min. 5, non souberon ao final tremar da renda mínima que conseguiran coa remontada.
Polos veteranos malpicáns xogaron: 
Chaves; Luís Naya, Alberto Seaia, Leo, Nando Couto; Mutio, Javi Bermejo, Arcay, Palermo, Nacho, Richard.
Goleadores: 0-1, min. 5: José Antonio Rei. 1-1, min. 33: Palermo. 2-1, min. 66: Richard. 2-2, min. 83: Víctor.
RESULTADOS E CLASIFICACIÓN DA XORNADA: 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 


SCD MALPICA AFECCIONADOS:

CON VARIAS BAIXAS POR SANCIÓN, PRESENTOUSE Á SCD MALPICA EN "SAN PAIO DE REFOXOS", E, PARA COLMO DE MALES, MICHI CASTRO NO MINUTO 21 DE PARTIDO,  TIVO QUE ABANDONAR O TERREO DE XOGO MANCADO POR UN GOLPE NA CLAVÍCULA.
  MENOS MAL, QUE SURDIU UN HOME SALVADOR QUE CO SEU HAT-TRICK LEVOU EN VOANDAS AO EQUIPO, ESTE FUTBOLISTA FOI JAIRO, O CAL NA COMPAÑA DE TODO O EQUIPO CONSEGUIRON UNHA MERECIDA VITORIA NUN CAMPO MOI DIFÍCIL ANTE UN ADVERSARIO PIONEIRO DA "COSTA".

POLA SCD MALPICA XOGARON: DAMIÁN, MANTE, BELAR, LUCIO, LAIK; MIGUELIÑO, KEVIN, MICHI CASTRO, (DIMITRI, 25), JAIRO, ALBERTO ESMORIS, (MARCOS NÚÑEZ, 84), ANDY.
GOLEADORES: 0-1, M. 46: JAIRO. 1-1, M. 51: BRUNO ROMERO. 1-2, M. 58: JAIRO. 1-3, M. 83: JAIRO.
NOTA DESTACADA DOS MALPICÁNS, FOI ACABAR O PARTIDO SEN TARXETAS. TODO UN ÉXITO DESPOIS DE 18 XORNADAS.
RESULTADOS E CLASIFICACIÓN: 






AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

jueves, 16 de enero de 2020

Partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


ÚLTIMA HORA:
          Os xuvenís da SCD Malpica, abandonan a competición na Primeira Autonómica de Xuvenís.
         Así o decidiu a Xunta Directiva do clube, previo informe do adestrador e delegado do equipo xuvenil.
        A pesar de contar con vinte e unha licenzas federativas, no adquiriron o compromiso por parte dos futbolistas de presentarse a xogar, polo menos un número entre doce e dezaseis despois dunha entrevista en grupo de todos os xogadores, só aceptaron competir sete os demais non se comprometeron a continuar até fin de tempada.
       Deste xeito non houbo mais remedio que solicitar a baixa federativa, aínda que conleve unha sanción, pois esta, caso de seguir competindo será moi inferior ao que custaría en caso de presentarse con menos de once futbolistas en cada partido.
AFECCIONADOS:


Desprazamento do equipo afeccionado da SCD Malpica 

a Cee, a enfrontarse a un historico, o U.C. Cee, equipo  

fundado no ano 1945, pero que no actuou federado até 

a tempada 1963/64, ano da instauración da "liga da cos-

ta. U.C. Cee leva competindo 55 tempadas reapartidas 

do seguinte xeito: 10 en Preferente, 11 en 1ª Galicia e 

34 en Segunda Galicia. Conseguiu 6 ligas e 7 copas da 

costa.

  Actualmente ten 24 puntos os mesmos ca SCD Malpi-

ca. Partido complicado para puntuar pero os malpicáns

tralas incorporacións de Jairo e Lucio, parece que mello-

raron os resultados.

 

Pola sua banda os Veteranos, reciben na "Pedra Quei-

mada ao D. Carballo co fin de ir escalando postos na -

táboa. 

  

Así quedan campos, horarios e árbitros da xorna do domingo:


2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 18ª :

Campo            :           “San Paio de Refoxos”             (Cee, 104 x 68, herba artificial)            
Equipos           :           U.C. CEE  –  SCD MALPICA 
Data e hora     :           Domingo: 19-01-20, 17:00 horas   
Árbitro             :          Sr. Iván Vilanova Antelo, (2ª Galicia, colexio da Costa da Morte)
                                   - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 15ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”                    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           VETERANOS SCD MALPICA –  DEPORTIVO CARBALLO
Datas e hora    :           Domingo: 19-01-20, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Luís M. Insua Lago, (1ª Galicia, Colexio da Coruña)
                                       - - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 11 de enero de 2020

Resultados da xornada de Afeccionados, xuvenis e veteranos da "Costa":

   Traballada vitoria da SCD Malpica fronte a un difícil e combativo Muxía CF, na "Pedra Queimada".
   O partido, que se lle puxo moi favorable aos malpicáns, despois de adiantarse no marcador por dúas veces, complicouse nos últimos instantes ao quedar os locais con dez futbolistas por expulsión de Alberto Hombre.

   SCD Malpica: Damián; Mante, Belar, Lucio, Laik; (Juan Abelenda, 57), Migueliño, (Kevin, 72), Andy, Michi, Jairo, Esmorís, Alberto Hombre.
    Goleadores: 1-0, m. 28: Jairo, de penalti sobre el mesmo. 2-0, Andy. 2-1, Manu Nogueira.
   Tarxetas amarelas SCD Malpica a: Lucio, Migueliño, Kevin, Alberto Hombre, a este último tamén vermella directa.
   Muxía CF: Roberto Pereira, Manu Nogueira, Hugo Sambad.
 










 
                    XUVENIS:  
   Abultada derrota da SCD Malpica xuvenil en campo propio ante á SCRD Esteirana. (1-9).
  Os malpicáns, que se presentaron con once futbolistas e xogaron toda a segunda parte con dez, por mancarse Cristian Varela, estiveron durante toda á contenda dominados polo equipo de Esteiro, un equipo ademais, que non é dos poderosos este ano da competición.
  Algo haberá que facer por parte de a quen lle corresponda, para que, das veinte e unha licenzas que ten a plantilla, aparezan a xogar polo menos dezaseis.
 Formación malpicana:   Javi; Villa, Cristian Varela, Souto, Bello; Ramos, Renzo, Amarelle, Iván Vidal, Costi, Yeray.
  Goleadores: 0-1, 40": Teijo. 0-2, m. 13: Teijo. 0-3, m. 19: Fiegueiras. 0-4, m. 23: Teijo. 0-5, m. 49: Teijo. 0-6, m. 51: Formoso. 0-7: m. 55: Figueiras. 0-8, m. 61: Formoso. 0-9, m. 63: Rodrigo. 1-9, m. 64: Souto, dende 52 metros.
  Incidencias: 40 seareiros nas bancadas. Sen tarxetas. Boa arbitraxe.

            VETERANOS: 

   Non puideron dar á "badalada" os veteranos da SCD Malpica ante o "lider" Arasolis en Fisterra.
  Ían moi ilusionados pero a nmaior xuventude dos locais non deron opción a puntuar.

   Aliñación malpicana:  Suso; Luís Naya, Alberto Seaia, Alberto Carballo, Nando Couto; Mutio,  Suso Zas, Arcay, Palermo, Richard, Leo.
   Tamén xogaron:  Carlos, Chaves, Washi, Abel, Fdo. Couto.

   Goleadores:  1-0, m. 22: Yanki. 2-0, m. 68: Yanki. 3-0, m. 85: Marcote.
 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 10 de enero de 2020

Partidos da SCD Malpica desta fin de semana:


   Tralo descanso do nadal, retómase a competición "costeira" para os tres equipos da SCD Malpica.
   Os afeccionados, loitarán pola vitoria este domingo na "Pedra Queimada" recibíndo ao Muxía CF. Este clube, que foi fundado o 13.05.64, foi un dos primeiros coofundadores da "liga da costa", habendo disputado ata de agora 41 tempadas, distribuidas nas  seguintes categorías: 2 en 1ª Rexional, 21 en 2ª e 18 en 3ª. 
  Ten conseguidos 4 títulos de liga, dous en 2ª ( T.65/66 e 88/89) e dous en 3ª (T. 2003/04 e 2016/17). 
  Na actualidade figura no posto 5º da táboa con 29 puntos.
  Os malpicáns de "Gurita", que contan cunha nova incorporación (Lucio, procedente do Tordoia CF),  terán que centrarse moito no partido para poder quedarse cos tres puntos.

   Os xuvenís, reciben á SCRD Esteirana, partido que se presenta moi disputado.
    
    É por último os Veteranos da SCD Malpica. vistan Fisterra, para enfrontarse ao "lider" da competición, o "Arasolis" fisterrán.
Campos, horarios, e árbitros da xornada:


2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 2ª volta – Xornada 17ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”                    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)                  
Equipos           :           SCD MALPICA  –  MUXÍA CF
Data e hora     :           Domingo: 12-01-20, 16:00 horas   
Árbitro             :          Sr. Adrián Pérez Rellán, (Preferente Galicia, colexio da Coruña)
                                   - - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 15ª:
Campo            :           “Pedra Queimada”                    (Malpica, 100 x 60, herba artificial)      
Equipos           :           SCD MALPICA – SCDR ESTEIRANA
Data e hora     :           Sábado: 11-01-20,  16:15 horas         
Árbitro            :           Sr. Manuel Espasandín Romar, (2ª Galicia, colexio C. da Morte)
                                    - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 2ª volta – Xornada 14ª :

Campo            :           “Arasolís”                     (Fisterra, 95 x 54, herba artificial)
Equipos           :           VETERANOS SCD MALPICA –  ARASOLIS FC
Datas e hora    :           Domingo: 12-01-20, 11:00 horas.-
Árbitro            :           Sr. Manuel Rodríguez Rojo, (Colexio Santiago)
                                       - - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!



sábado, 4 de enero de 2020

Resultados xuvenís da xornada 14ª adiada polo temporal:


   Unha SCD Malpica xuvenil que se presentou a xogar con once futbolistas xustos en Cabana, foi vapuleada polo equipo local por 7-0.
   Os rapaces de "Gurita", sen trocos no banco, tremaron moi ben do equipo cabanés os primeiro 45 minutos (0-0), pero despois na segunda parte esgotouse a gasolina e acabaron goleados.
   Aliñación dos malpicáns: Javi; David Abelenda, Cristian Varela, Juan Abelenda, Bello; Iker, Renzo, Amarelle, Iván Vidal, Álex, Yeray.
    Goleadores: 1-0, m. 52: David. 2-0, m. 57: Simón. 3-0, m. 61: Rubén. 4-0, m. 65: Simón. 5-0, m. 71: Hugo. 6-0, m. 85: Simón. 7-0, m. 90: Simón. 
   Tarxetas SCD Malpica: Iker (A). Javi, (A). Amarelle, (A).

 AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 3 de enero de 2020

14ª xornada aviada de Xuvenís:


   Desprazamento da SCD Malpica xuvenil ao campo das "Redondas"a enfrontarse ao Cabana SD; partido aviado por culpa do temporal.
 Os rapaces de "Gurita"que, contan coa baixa por sanción de Ramos, ademais da do propio adestrador, tiveron esta semana de adestramento, e, fora do sancionado, conta co plantel dispoñibel para sacar un resultado positivo, por elo viaxan coa moral alta.
       Campo, hora e árbitro do partido: 

1ª -Autonómica Xuvenil- Grupo 2º – 1ª Volta - 14ª xornada (Xornada Aprazada polo temporal):
Campo             :           “As Redondas”              (Cabana, 91 x 58, (herba artificial)        
Equipos           :           CABANA SD  –  SCD MALPICA
Data e hora     :           Sábado: 04-01-20, 16:30 horas.
Árbitro             :           Sr. Lucas Vicente Vidal, (2ª Galicia Colexio Costa da Morte)

RESTO DE PARTIDOS PENDENTES:
XALLAS FC - SDC SOFÁN.
CORME CF - UC CEE
SP. SEAIA CF - PONTECESO SD
OUTES CF - SONEIRA SD

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!