Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

jueves, 17 de octubre de 2019

Partidos da SCD Malpica para esta fin de semana:


   Recibe á SCD Malpica este domingo na "Pedra Queimada", ao C.D. Muros, conxunto que está a demostrar unha grande regularidade no inicio desta campaña, posto que, marcha na táboa de 5º clasificado con 12 puntos, 5 mais ca o equipo malpicán. Gañou 4 partidos e perdeu 2, leva 11 goles a favor e 12 en contra, nas 6 xorandas disputadas.
   Á SCD Malpica, despois do batacazo sufrido en Carnota ante o Lira CF, quere acurtar distancias cos muradáns e para elo, necesita imperiosamente sumar de tres en tres se non quere quedar descolgado da táboa. Para éste encontro o "mister" "Gurita" recupera a Marcos Núñez, tras cumprir sanción, sendo dúbidas o central Cristian Villar e o dianteiro Michi Castro.

   Os rapaces xuvenís viaxan a Coristanco farol vermello da competición, na "Rocheira" pensan iniciar a recuperación coas dúas novas fichaxes efectuadas esta semana.

   Os veteranos da SCD Malpica, cun equipo compacto e moi equilibrado, reciben en campo propio áo SP. Bértoa co fin de continuar a racha de tres vitorias cosecutivas.
Así as cousas, infórmase dos campos horarios e árbitros para o fin de semana: 

2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 7ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”        (100 x 60 herba artificial)                     
Equipos           :           SCD MALPICA    CD MUROS
Data e hora     :           Domingo: 20-10-19, 17:00 horas   
Árbitro             :          Sr. Daniel Martínez Ferreiro, (2ª Galicia, Colexio C. Morte)
                                   - - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 5ª:
Campo            :           “A Rocheira”                 (Coristanco, 93,10 x 54, herba artificial)          
Equipos           :           SD CORISTANCO    SCD MALPICA 
Data e hora     :           Sábado: 19-10-19,  16:30 horas         
Árbitro            :           Sr. Manuel Trillo López.- ().
                                    - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 5ª :

Campo            :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           VETERANOS SCD MALPICA   SP. BÉRTOA
Datas e hora    :           Domingo: 20-10-19, 10:30 horas.-
Árbitro            :           Sr. Pablo Rama Cotelo, (Preferente Galicia, Colexio Coruña)
                                       - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 12 de octubre de 2019

Crónicas dos partidos da SCD Malpica desta semana:

"LIGA DA COSTA" 6ª XORNADA:
  
 Á SCD Malpica, coas importantes baixas de Michi Castro e Cristian Villar, sucumbe por goleada (4-1), ante o Lira CF no campo de "Lombáns" (Carnota) e descende postos na clasificación.
Os malpicáns formaron así: Damián; Andy, Belar, (Brais Ceán, 83), Juan Abelenda, Juan Fuentes; Migueliño, Kevin, (Pace, 61), Laik, Alberto Hombre, (Costi, 70),  Aitor, David Lorenzo (Orgueira,52).
Goleadores: 1-0, m. 18: Miguel Formoso. 2-0, m. 39: Raúl. 2-1, m. 45+1: Aitor. 3-1, m. 50: Mamadou. 4-1, m. 83: Oliver.

 RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS:


XUVENÍS:

  Abultada derrota dos xuvenís da SCD Malpica, na cuarta xornada de liga. Os malpicáns mermados polas baixas,(ata cinco futbolistas non se presentaron) por distintos motivos, confirmaron a goleada negativa ante á SD Soneira.
  Á SCD Malpica formou así: Villa; Renzo, Souto, Juán Abelenda, Ramos; Martín Villar, Cristian Varela, Orgueira, Costi, Jóse, Álex.
   Goleadores: 0-1, m. 10: Brais Pereira. 0-2, m. 18: Moreira. 0-3, m. 19: Brais Pereira. 0-4, m. 25: Brais Pereira. 0-5, m. 32: Damián. 0-6, m. 36: Brais Pereira. 0-7, m. 50: Raúl. 0-8, m. 76: Raúl. 0-9, m. 81: Moreira. 0-10, m. 85: Santi Bermúdez.

Resultados da 4º xornada e clasificación: 

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!
                                    SCD MALPICA VETERANOS: 
  Vitoria mais traballada da que reflexa o resultado dos veteranos malpicáns, ante un novel da categoría á SD Oza.
  O conxunto malpicán, adiantaouse con dous goles mois madrugadores tras dous erros defensivos do rival, pero éstes, enseguida tomaron o mando do partido e lograron empatar a contenda ante a desesperación dos locais, e non se adiantaron no marcador debido a tres man a man que atallou Suso porteiro local.
   Na segunda parte os de "Douri", repuxéronse e xa foron dominadores durante o resto do partido, áinda que no m. 58, nunha falta que tocou na barreira,e significaba o empate, non lle permitiu aos visitantes pasar de aí, por que os Veteranos da SCD Malpica lograron remontar demostrando que ésta tempada hai que contar con eles para o ascenso.
 Formación Malpicana: Suso, Alb.Seaia, Alb.Barizo, Leo, NandoCouto, Alb. Carballo, Mútio, Arcay, Palermo, Suso Zas, Nacho.
Tamenxogaron: Chaves, Pedro, LuísNaya, Carlos, Abel, Fdo.Couto.
   Goleadores: 1-0, m. 4: Alb. Seaia. 2-0, m. 17: Palermo. 2-1, m. 42: Javier. 2-2, m. 58: Rubén Calvete. 3-2, m. 72: Mútio. 4-2, m. 85: Palermo.
   
 Asi queda a clasificación despois dos partidos de hoxe:

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!   

jueves, 10 de octubre de 2019

Axenda de partidos da SCD Malpica para este fin de semana:


  Sexta xornada da "liga da costa", á SCD Malpica ten un desprazamento longo até a vila de Carnota, campo de "Lombáns", onde o Lira CF, recibe esta tempada aos seus rivais por obras no seu terreo de xogo.
   O Lira CF, que figura clasificado na táboa no 10º posto con sete puntos, os mesmos que á SCD Malpica, parece que non anda fino coma local, pois perdeu os dous partidos que disputou en "Lombáns" ante o Ponteceso e o CD Muros, ambos por igual tanteo (1-3). 
   Diso queren aproveitarse os malpicáns de "Gurita" que, aínda que contan coa baixa de Marcos Núñez (sanción) e Michi (mancado), recuperan a Migueliño, home moi eficaz no medio do campo, aínda que están sobre "algodóns" o central Cristian Villar e David Lorenzo, pero "Gurita" espera recuperalos.

   Dos Xuvenís, que teñen a baixa de Orgueira (sanción), o adestrador Adrián, espera e desexa que desta vez se xunten os rapaces necesarios para poder disputar o partido fronte á SD Soneira,e, que non volva a pasar no resto da tempada o da semana pasada, pois os rapaces moitos deles con 18 anos (xa son adultos), teñen que ser conscientes que, cando suscriben licencia federativa é para cumprir polo tempo pactado nela, pois, ademais das sancións que sofre o equipo federativamente e vergonzoso para o pobo que representan.

   Pola súa banda, os veteranos da SCD Malpica enfróntanse á S.D. Oza, partido que corresponde a 13ª xornada, pero que, de común acordo adiantan ao domingo, data libre no calendario, así estarán mais libres para as datas do nadal.

Campos, datas, horarios e árbitros dos partidos: 

2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 6ª :


Campo             :           “Lombáns”                    (Carnota, 98 x 57,70 herba artificial)                 
Equipos           :           LIRA CF    SCD MALPICA  
Data e hora     :           Domingo: 13-10-19, 17,00 horas   
Árbitro             :          Sr. Bruno Méndez Castro, (3ª División, Colexio Coruña)
                                   - - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 4ª:
Campo             :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100, x 60, herba artificial)      
Equipos           :           SCD MALPICA    SD SONEIRA  
Data e hora     :           Sábado: 12-10-19,  16:30 horas         
Árbitro             :           Sr. Carlos Señarís Balsa.- (2ª Galicia, Colexio C. da Morte).
                                    - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 13ª :

Campo             :           “Pedra Queimada”        (Malpica, 100 x 60, herba artificial)
Equipos           :           VETERANOS SCD MALPICA    SOCIEDADE DEPORTIVA OZA
Datas e hora    :       Domingo: 13-10-19, 10:30 horas.- (Partido adiantado da xornada 13ª do 29-12-19)
Árbitro            :           Sr. Víctor Recarei Añón (Veteranos, Colexio C. da Morte)
                                       - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

 

sábado, 5 de octubre de 2019

Crónicas da SCD Malpica, resultados e clasificacións da "Costa":

    Empate a un gol entre SCD Malpica-SCDR Esteirana na tarde de hoxe na "Pedra Queimada".
   Partido de tremenda intensidade con excesivas marrullerías dos de Esteiro, até o punto de que acabaron mandando aos vestiarios "mancados" aos malpicáns: Cristian Villar (m.40) e Michi (m. 50), acabando renqueante: David Lorenzo.
   Os de Esteiro, que combinaron algo mellor ca os malpicáns, non crearon practicamente ocasións de perigo ante a portería local, pola contra á SCD Malpica, sen realizar bo fútbol pero cunha loita despiadada, tiveron catro ou cinco ocasións moi claras para conseguir os tres puntos, obra de Michi (2), David Lorenzo, Aitor, e Pace, con unha cada un, pero que non lograron materializar.
   Aliñación da SCD Malpica: Ángel; (Damián, 46), Laik, Belar, Juan Abelenda, Cristian Villar, (David Lorenzo, 40), Juan Fuentes, Kevin, (Brais Ceán, (72), Alberto H. (Marcos Núñez, 46), Michi, (Pace, 50), Aitor, Andy.
  Goleadores:  0-1, m. 6: Pablo Rama, de saque de curruncho (gol olímpico). 1-1, m. 12: Michi, de tiro cruzado, culminando unha formidable xogada individual.
    Ambiente: 150 Seareiros nas bancadas.
                                  

Resultados e Clasificación:







  Segunda victoria consecutiva da SCD Malpica de Veteranos en "Xaviña" ante o Buño SCD de Veteranos.
   Coas nova fichaxes, os malpicáns paseáronse polo campo do Buño, e, puideron conseguir unha vitoria moito mais ampla.
  Formación malpicán: Suso; Alb. Seaia, Leo, Alb. Carballo, Nando Couto; Suso Zas, Mútiu, Arcay, Palermo, Richard, Nacho.
  Tamén xogaron: Chaves, Pedro, L. Naya, Alb. Barizo, Carlos, Abel, Fdo. Couto, Douri.
  Goleadores: 0-1, m. 32: Palermo. 0-2, m. 44: Palermo. 0-3, m. 59: Arcay. 0-4, m. 75: Richard. 0-5, m. 76: Richard. 0-6, m. 81: Nacho. 1-6, m. 84: Víctor Lorenzo.
                                                                  CLASIFICACIÓN:
   
      
   Como xa se informou con anterioridade neste mesmo blogue,  á SCD Malpica, non se presentou a disputar o partido correspondente  3ª xornada de liga de xuvenís no campo do "Conchido" da Serra de Outes, fronte oa Outes FC.
   Os motivos, segundo informacións recibidas, a falta de futbolistas do plantel por asuntos de enfermidade.
   Será o Comité de Competición da RFGF, ao longo da vindeira semana, quen decidirá a probable sanción que lle poden aplicar ao equipo malpicán:

Resultados da xornada 3º e clasificación:
AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 4 de octubre de 2019

Partidos da SCD Malpica para fin de semana:

     ÚLTIMA HORA DA SCD MALPICA:
  A PRIMEIRA HORA DESTA MAÑÁ, CATRO FUTBOLISTAS DA SCD MALPICA DO EQUIPO XUVENIL, COMUNICÁRONLLE TELEFONICAMENTE AO "MISTER" ADRIÁN BARDANCA (GURITA), QUE POR MOTIVOS PERSOAIS NON PODÍAN DESPRAZARSE CO EQUIPO PARA DISPUTAR O ENCONTRO DA TERCEIRA XORNADA FRONTE AO OUTES FC.
 DADO QUE O "MISTER" CONTA CUN FUTBOLISTA SANCIONADO E DOUS MANCADOS, ADEMAIS DA FALTA DOS COMUNICANTES, NON REUNE CADRO ABONDO PARA PODER COMPETIR.
  POR ELO, DISPUXO PORSE EN CONTACTO CO CLUBE OUTES FC, PARA APRAZAR OU SUSPENDER O PARTIDO. COUSA QUE O EQUIPO DA SERRA DE OUTES ACEPTOU AMIGABLEMENTE.
  ANTE ESTE NEGATIVO EVENTO, INFORMAMOS AOS SOCIOS E SIMPATIZANTES DA SCD MALPICA, PARA O SEU COÑECEMENTO.  

VisIta o campo de "Pedra Queimada" un clásico da "liga da costa" á SCRD Esteirana.
   Os malpicáns, que contan coa baixa por sanción de Migueliño, non así coa de Michi, xa que o Comité de Competición anuloulle a 2ª tarxeta amarela, mostrada por error; esperan continuar na senda da vitoria.

   Os xuvenís teñen un difícil desprazamento ao campo do "Conchido" para enfrontarse ao Outes CF, equipo este cun plantel moi amplo, posto que conta con o bo número de futbolistas de base.

    Os Veteranos desprázanse a Xaviña para enfrontarse aos Veteranos de Buño.
Campos, horarios e árbitros dos partidos:


2ª Galicia - Grupo II – (Liga da Costa) 1ª volta – Xornada 5ª :

Campo             :           “Pedra Queimada”         (Malpica, 100 x 60, herba artificial)              
Equipos           :           SCD MALPICA    SCDR ESTEIRANA  
Data e hora     :           Domingo: 06-10-19, 16,30 horas   
Árbitro             :          Sr. David Vázquez Lema, (1ª Galicia, Colexio Coruña)
                                   - - - - - - - - - - - - - -
1ª Autonómica Xuvenil – Grupo 2º -Costa- – 1ª volta – Xornada 3ª:
Campo             :           “O Conchido”                (Outes, 100,05 x 63,10, herba artificial) 
Equipos           :           OUTES FC  -  SCD MALPICA 
Data e hora     :           Sábado: 05-10-19,  16:00 horas   SUSPENDIDO      
Árbitro             :           Sr. Damián Filgueira Fernández.- (3ª Galicia, Colexio Santiago).
                                    - - - - - - - - - - - - - -

1ª Galicia de Fútbol Veterano “Costa da Morte” 1ª volta – Xornada 4ª :

Campo             :           “Xaviña”                       (Buño, 99 x 60, herba artificial)
Equipos           :           BUÑO VETERANOS SCD   VETERANOS SCD MALPICA 
Datas e hora    :           Domingo: 06-10-19, 10:00 horas.-
Árbitro             :           Sr. David Castreje Ferrío, (1ª Galicia, Colexio da Coruña)
                                       - - - - - - - - - - - - - -

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!