Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

miércoles, 22 de agosto de 2018

Actualidade da SCD Malpica:

   
TERCEIRO PARTIDO AMIGABLE DA TEMPADA:




     Á SCD Malpica e o Buño SCD, disputarán na "Pedra Queimada" hoxe venres día 24-08-18, ás 20:45 horas, un amigable, en proba da boa vecindade reinante entre ambos os dous clubes.

    Ambolos dous equipos, darán a coñecer neste partido, ás fichaxes realizadas para á presente tempada e no que presentan varias novidades. 

    Arbitrará un colexiado federado para evitar que, en caso de producirse algunha lexión, esté cuberta pola Mutualidade de futbolistas españois.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

sábado, 18 de agosto de 2018

Actualidade da SCD Malpica:


SEGUNDO AMIGABLE DA TEMPADA:

  Á SCD Malpica, disputou na noite de hoxe en Tordoia (equipo da 1ª Autonómica), o segundo partido da pretempada, no campo "Gorgullos", fronte á SD Tordoia.

 Á directiva malpicán, adquiríra un compromiso co adestrador do conxunto de Tordoia para ir a disputar un amigable ao seu campo, pero non contaba que a última hora tivera as baixas de Gonzalo Vilariño e Brais Lado, ademais no descanso, por motivos particulares, tiveron que abandoar o equipo Dani Casal e Juan Fuentes, en total catro puntais, tendo que aliñar de dianteiro o segundo porteiro, Ángel Lamas, por falta de efectivos.

 Resultado: SD. TORDOIA  3 - 1  SCD MALPICA

 Goleadores:  0-1, min. 37: Dani Casal. 1-1, min. 75: Gonzálo. 2-1, min. 83: Rubén Fariña. 3-1, min. 88: Rubén Fariña.

 O encontro como pode apreciarse nos minutos que se moveu o marcador, foi moi nivelado ata os último cuarto de hora, onde, as baixas indicadas no equipo da SCD Malpica mermaron o seu potencial.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

lunes, 13 de agosto de 2018

Actualidade da SCD Malpica:


  TROFEO "FESTAS DO MAR":

   Xa hai cartel para o trofeo "Festas do Mar" de Malpica. 

  Tralas xestións realizadas polo Presidente malpicán e a súa xunta directiva, e, tras contactar con diversos clubes, os cales por diversos motivos de axenda non dispuñan de data libre, ao final ás xestións fructificaron e será o BUÑO SCD, o que, xunto coa SCD MALPICA, disputen o preciado "trofeo" o vindeiro día 24 de Agosto (venres), ás 20:00 horas, no campo de "Pedra Qeimada".

  Con anterioridade, este venres día 17-08-18, á SCD Malpica, desprázase a localidade de Tordoia a enfrontarse, tamén nun trofeo das "festas", á SD TORDOIA, ás 21:00 horas, equipo este encadrado na 1ª Galicia.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

domingo, 12 de agosto de 2018

Actualidade da SCD Malpica:


PRIMEIRO AMIGABLE DA TEMPADA:


     Con vistas a preparación da nova Tempada 2018/2019, á SCD Malpica, foi convidado pola SD Soneira de Vimianzo, localidade que se atopa en festas, para celebrar o primeiro partido amigable.
    Encontro clásico de pretempada, aínda que resultou entretido con algunha xogada de mérito por ambos conxuntos.
     O equipo local moito mais rodado (pois ben de participar na copa Deputación da Coruña, ante Fisterra e Boiro), mostrouse mais conxuntado, non obstante á SCD Malpica baixo ás odes do novo adestrador "Gurita", desenvolveuse con bastante soltura, a pesar da xuventude coa que conta nas súas ringleiras (con ata tres futbolistas en idade xuvenil).   

     O partido celebrouse no campo Municipal de Vimianzo, baixo a dirección do colexiado coruñés Sr. Insua Lago, que invalidou un gol a cada equipo, por fora de xogo.

     O resultado final foi:  SD SONEIRA  2  -  2   SCD MALPICA.

     Goleadores:  1-0, min. 17: Basti. 1-1, min. 36: Brais Lado. 2-1, min. 39: Basti. 2-2, min. 46: o xuvenil Martín.

      O conxunto malpicán formou co seguinte equipo inicial:

      Toni; Brais Cean, Manteca, Juan Fuentes, Jorge, Gonzalo, Alberto Hombre, Pedro, Brais Lado, Dani Casal, Martín.
Tamén xogaron: Ángel, Dimitri, Andy, Fabio, Loureiro, Aitor.
 


AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA

jueves, 9 de agosto de 2018

Actualidade da SCD Malpica:


  Tras unha serie de discrepancias surdidas entre as directivas dalgúns dos clubes do Concello de Malpica, os cales non respetaron os pactos acordados entre eles e o propio Concello malpicán, para fomentar o deporte base do fútbol; á SCD Malpica, representante titular da Vila e tamén do campo de fútbol "Pedra Queimada"; esta tempada vese avocada a competir só en categoría de afeccionados, moi a pesar da Xunta Directiva.

  Ata o momento, á SCD Malpica, conta con novo adestrador e con dezaoito futbolistas, dos cales repiten varios da tempada pasada, caso de Manteca, Dani Casal, Gonzálo, Juan Fuentes, Jordan, Nacho, Martín, Ángel Lamas, etc..Son novas altas: Toni (Mazaricos), Alberto Hombre, Áitor Vila...

 Oportunamente se informará da plantilla completa, pois faltan por confirmar algúnha incorporación.

  PARTIDOS AMIGABLES PROGRAMADOS DE PREPARACIÓN PARA TEMPADA:
  
   Sábado, 11-08-18, 19:00 horas, Campo Municipal de Vimianzo: SD Soneira-SCD Malpica.

   Venres,  17-08-18, 20:30 horas, Campo, Gorgullos-Tordoia:  Tordoia CF-SCD Malpica. 

   Sábado, 25-08-18, 18:30 horas, Campo "Pedra Queimada"   SCD Malpica-Sin confirmar.

   Domingo, 02-09-18, 18,30 horas, Campo "Pedra Queimada": SCD Malpica-Camariñas.

   A competición da "Liga da Costa", comezará o domingo: 16-09-18.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

viernes, 27 de julio de 2018

Actualidade da SCD Malpica:


    Ábrese o telón para unha nova tempada, á 2018/19 é, á SCD Malpica como cada ano por estas datas comeza os adestramentos.

 Onte xoves, (26-07-18) os malpicáns, realizaron a presentación no campo da "Pedra Queimada" de cara á vindeira liga, (logo da Asemblea ordinaria da Real Federación Galega de Fútbol que se celebrará o dia 30-07-18) coñeceráse a data de comezo da mesma, que será posiblemente, entre o 26 de Agosto ou o 02 de Setembro.

  Na presentación da SCD Malpica, xuntáronse nesta primeira proba, CATORCE futbolistas xunto co novo adestrador GURITA. Esta tempada, exercerá de segundo adestrador-xogador, Dani Casal.

   Ademais dos futbolistas que repiten da tempada anterior: Gonzalo, Dani Casal, Manteca, Änxo Garrido, Jordan, Juan Fuentes, etc..., son altas entre outrosToni, (Mazaricos) e algúns futbolistas malpicáns que retornan ao equipo, ata completar os CATORCE que adestraron. Logo da sesión, celebraron o acontecemento cunha sardiñada agasallados pola xunta directiva da SCD Malpica. 

   A xunta directiva, non descarta aínda mais incorporacións, das que se irá informando oportunamente.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA! 

    
   
   
   
     

miércoles, 11 de julio de 2018

Actualidade da SCD Malpica:



AO FINAL, PRODÚCESE O “CONSENSO” A TRES BANDAS ENTRE O CONCELLO DE MALPICA, O SP. SEAIA CF E Á SCD MALPICA.


     Por fin e, a falta só da confirmación de parte dos pais dos rapaces, (algúns xa están decididos) á SCD Malpica, o Sp. Seaia e o Concello de Malpica, chegaron hoxe a un principio de acordo, para que, o clube titular da capital do Concello, compita na vindeira tempada 2018/2019, nas categorías de Cadetes, Xuvenís e Afeccionados nas competicións federadas da “liga da costa”.
    Se hai tan só tres días a existencia da SCD Malpica estaba no “aire” por falta de directiva, hoxe pódese afirmar, que, non só hai directiva, senón que chegouse a un entendemento “tripartito” no que destacou a sincera cordialidade e o sentido común. Acabouse polo tanto satisfactoriamente o “mini culebrón do verán”.
    Así as cousas, mañá mércores, haberá unha xuntanza no Concello malpicán, convocada polo Sr. Alcalde D. Eduardo Parga, onde os Presidentes dos catro clubes representativos do municipio: Buño SCD, UD Cerqueda, Sp. Seaia e SCD Malpica, acordarán diversos temas relacionados coas competicións, subvencións e melloras nos campos de fútbol de Xaviña e Pedra Queimada.
    Á SCD Malpica convida, lanzando un extensivo chamamento aos pais dos rapaces que aínda se atopan indecisos, para encadrarse no clube e competir nas categorías de Cadetes e Xuvenís que se queren formar, igualmente se convida a todos os rapaces de, entre 13 e 18 anos de todo municipio para que acudan a enrolarse no equipo malpicán.

VISITA DO SR. LOUZÁN A MALPICA
   O vindeiro venres día 13, acudirá ao campo de “Pedra Queimada”, o Presidente da RFGF, Sr. Louzán, para tratar co Sr. Parga, alcalde de Malpica e co Presidente da SCD Malpica, varios asuntos relacionados co clube malpicán.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

domingo, 8 de julio de 2018

Actualidade da SCD Malpica:


     Coa asistencia de cinco directivos e 15 socios, celebrouse nas instalacións do campo de fútbol da "Pedra Queimada", á anunciada Asemblea Extraordinaria de Socios da SCD Malpica, na que estaba convocada para presentación de candidatúras á Presidencia do clube malpicán e, se procedía, á elección de nova xunta directiva.

    Trala lectura da acta anterior realizada polo Secretario J. Fernándo Couto, éste, fixo unha pequena exposición aos presentes do motivo da celebración da Asemblea, pasando a continuación a palabra ao Presidente Manuel Suárez, o cal a súa vez tamén informou aos socios presentes o por que da Asemblea, explicándolle a todos que, caso de non presentarse candidatos, o vindeiro luns ou martes, se enviaría á RFGF, un escrito de BAIXA E RETIRADA TEMPORAL DA COMPETICIÓN, tras 45 anos de historia da SCD Malpica.

   Por parte dos socios, tomaron a palabra varios compoñentes, para comentar de que entre os presentes non había ningunha candidatura, pero algúns deles, tras expoñer os seus pareceres, caso do Sr. Cañizo, Sra. Doris Pombo, Sr. J. Manuel Dourado, Sr. Jesús Vila e  Sr. Ramón Gundín, entre outros, prestaronse a  colaborar como directivos se o Presidente actual e parte da súa Xunta continuaban.

  Así as cousas, e, tras dúas horas e quince minutos de deliberacións, a Xunta Directiva da SCD Malpica, a falta de algúns cargos que non puideron acudir a Asemblea Extraordinaria, quedou constituida polos seguintes membros:

  Presidente:        D. Manuel Suárez Cotelo
  Vicepresidente: D. Jesús Vila Varela
  Secretario:         Sen decidir
  Tesoureiro:        D. Manuel Fernando Varela Velo
   Vogales:            D. Federico Blanco Charlín  
          Id.                D. Manuel Verdes Lista
          Id.                D. Alfredo Cañizo Garrido
          Id.                D. Ramón Gundín González
          Id.                D. Manuel Vilas Varela

   De primeiro, a idea da Xunta Directiva e participar nas categorías Cadetes, Xuvenís e Afeccionados, para elo váise solicitar unha entrevista co Sr. Alcalde para ver tal posibilidade.

   Á Asemblea, que comezou en segunda convocatoria ás 19:30 horas, deuse por finalizada ás 21.45 horas.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!

miércoles, 4 de julio de 2018

Actualidade da SCD Malpica:



ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS
DA SCD MALPICA:

LUGAR: NAS OFICINAS DE CLUBE NO CAMPO DA “PEDRA QUEIMADA”.
DATA E HORA: SÁBADO, 07-07-18, ÁS 19:00 HORAS.

ORDE DO DÍA:

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA A ELECCIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA OU COMISIÓN XESTORA DO CLUBE SCD MALPICA.

A COMISIÓN XESTORA ACTUAL, NOMEADA PARA LEVAR A CABO O PROCESO DE ELECCIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA SCD MALPICA, SOLICÍTALLE A TODOS OS SOCIOS/AS OU INTERESADOS/DAS, QUE ACUDAN Á DEBANDITA ASEMBLEA, POSTO QUE ESTA EN XOGO Á DESAPARICIÓN DO CLUBE SCD MALPICA, DESPOIS DE 45 ANOS DE HISTORIA.
ESTA EN VALOR DENDE A SÚA FUNDACIÓN O TRABALLO E A CONSTANCIA DE MOITÍSIMAS PERSOAS QUE AO LONGO DESTES TANTOS ANOS, CONTRIBUIRON A QUE O CLUBE MALPICAN, CHEGARA DEPORTIVAMENTE AS COTAS MAIS ALTAS DA “LIGA DA COSTA”
DENDE 1970, ANO DA COMPRA DOS TERREOS E DENDE 1973 QUE COMEZOU A COMPETIR, Á SCD MALPICA, SÓ EN AFECCIONADOS, CONSEGUIU, CINCO TÍTULOS DE LIGA E UNHA “COPA DA COSTA”, REPARTIDOS ASÍ: 1 DE REXIONAL PREFERENTE, 1 DE PRIMEIRA REXIONAL E 3 DE SEGUNDA REXIONAL.
ADEMAIS, DE CATRO SUBCAMPIONATOS DE LIGA E DOUS DA “COPA DA COSTA”.
CONSEGUIU ADEMAIS EN XUVENIS, 6 CAMPIONATOS E 7 SUBCAMPIONATOS,  1 SUBCAMPIONATO DE CADETES E 1 SUBCAMPIONATO GALEGO DE AFECCIONADOS.
AO LONGO DE TODOS ISTOS ANOS, Á SCD MALPICA, FOI UNHA DAS ENTIDADES QUE PROPAGOU E DIFUNDIU DEPORTIVAMENTE, O NOME DO POBO DE MALPICA POR TODA A COSTA DA MORTE.
POR TODO ISO E POR MOITO MAIS, SOLICITAMOS DE SOCIOS, AFECCIONADOS, EX_XOGADORES, EX_DIRECTIVOS ETC… QUE NON DEIXEDES DESAPARECER Á ÚNICA ENTIDADE DEPORTIVA DE RENOMBRE QUE EXISTE NA LOCALIDADE.


¡¡¡ POBO EN XERAL NON O CONSINTADES !!!

domingo, 1 de julio de 2018

Actualidade da SCD Malpica:


 A SCD MALPICA CONTINÚA SEN XUNTA DIRECTIVA

    LOGO DA SEGUNDA XUNTANZA CELEBRADA NO DÍA DE ONTE SÁBADO 30-06-18, Á QUE ASISTIRON UNHAS TRINTA PERSOAS, A MAIORÍA NAIS E PAIS DOS RAPACES DA CATEGORÍA DE CADETES E XUVENÍS, NON SE CONSEGUÍU CONSENSO PARA RECOLLER O TESTIGO DA XUNTA DIRECTIVA DA SCD MALPICA.

      ASÍ AS COUSAS, A DIRECTIVA DIMITIDA, PRORRÓGA UNHA SEMANA MAIS O PRAZO, FIXÁNDOSE UNHA NOVA XUNTANZA DE SOCIOS PARA O SÁBADO DÍA 07-07-18 (SAN FERMÍN) ÁS 20:30 HORAS, NAS INSTALACIÓNS DO CAMPO DE FÚTBOL DA "PEDRA QUEIMADA". 

        MENTRES TANTO, Á REAL FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL, TEN CONVOCADA PARA O MÉRCORES 04-07-18, ÁS 20:00 HORAS, REUNIÓN COS CLUBES DA "COSTA" PARA FACER Á COMPOSICIÓN DOS GRUPOS PARA TEMPADA 2018/19.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!