Libros

Libros
Page copy protected against web site content infringement by Copyscape

sábado, 6 de febrero de 2016

Actualidade da SCD Malpica:



JOSÉ RAMON ESMORÍS CARRACEDO (ESMORÍS), RETORNA Á SCD MALPICA:

            A SCD Malpica, continuando a renovación da plantilla e do corpo técnico para evitar o descenso de categoría, fíxose cos servizos de ESMORÍS, exfutbolista moi goleador nas tempadas 79/80 a 84/85 e da 89/90 a 92/93, conserva aínda o “record” de máximo goleador do Malpica, (xunto con Alfrediño) con 169 goles.
Como adestrador do conxunto malpicán pasou por todas as categorías que tivo o clube (Infantís, Cadetes, Xuvenís e Afeccionados), é polo tanto, un auténtico coñecedor da clube malpicán.

ESMORÍS, colaborará como 2º adestrador con Ambrosio, e, ao mesmo tempo exercerá de Delegado do equipo.

A xunta directiva do clube malpicán, a proposta de Ambrosio, que solicitou un segundo adestrador para intentar con mais solvencia a empresa que lle encargaron os directivos, que non é outra que salvar ao equipo do descenso de categoría; realizou urxentemente as xestións oportunas, e, por decisión unánime, as miradas de todos dirixíronse a todo un “icono” do clube malpicán: ESMORÍS.

Esperamos que que non sexa tarde para levar a flote á SCD Malpica.- Esmorís, comezará xa nas súas funcións, esta tarde no "Platas Reinoso" de Baio.

AGORA E SEMPRE COA SCD MALPICA!